Thursday 16 de May de 2024

Novo prazo de presentación de solicitudes para o programa de mobilidade xuvenil Galeuropa Val do Ulla


 

Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces ofertan 6 prazas para facer prácticas en empresas de Sicilia e Malta

Os Concellos de Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces veñen de abrir un novo prazo de presentación de solicitudes para o programa mobilidade xuvenil Galeuropa Val do Ulla. Esta iniciativa está dirixida á mocidade de entre 18 e 30 anos e ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ofrécense 6 prazas para facer prácticas en empresas de Sicilia (4) e de Malta (2). A duración das mobilidades é de tres meses. Ademais das propias prácticas e o seu seguimento, o programa Galeuropa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamentos e preparación lingüística das persoas mozas que participen.

O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires de hoxe. As bases completas e a instancia a cubrir pódense consultar na web do Concello de Boqueixón www.boqueixon.com.

Requisitos:

• Estar inscritos/as e figurar como beneficiarios/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o día que se presente a solicitude.
• Non ter participado en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

As solicitudes deberanse remitir mediante e-mail a galeuropavaldoulla@gmail.com. A documentación a presentar é a seguinte:

• Instancia (ficha de inscrición) anexa ao anuncio e bases, colgadas nas páxinas webs correspondentes aos concellos participantes.
• Copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículo vitae europeo en galego e en inglés e, se é o caso, xustificante de ser vítima de violencia de xénero, persoa con discapacidade ou persoa en risco de exclusión social), ou por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, (neste caso, os/as aspirantes deberán comunicalo mediante e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto a través do e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com ou dos teléfonos 981 513 115, 981 814 566, 986 582 017 ou 669 450 801.